Imprimir

Camelle fai memoria dos 122 anos do naufraxio do City of Agra

que pasa na costa | 08 de xaneiro de 2019

122 anos na Memoria do City of Agra-Camelle

É, sen dúbida, a capital do naufraxio. Camelle é a vila que máis está apostando por recuperar estas historias salgadas. Ademais dos simbólicos actos de cada novembro arredor do Serpent, Camelle, da man da Asociación de Naufraxios Galegos, renderá homenaxe ao City of Agra.

Foi un 3 de febreiro cando o barco inglés afundía nos baixos do Canesudo ou Negro, á entrada da enseada de Arou. E precisamente esa mesma fin de semana 122 anos despois, a entidade armará un completo programa, xunto co Concello de Camariñas, a Asoc. A Pergoliña e a Confraría de Pescadores.

A cita será do 1 ao 3 de febreiro, e comezará cunha ofrenda no momumento da áncora do Paseo Marítimo. Xa no Salón de Actos da Casa do Alemán, comezará a presentación da inauguracoón da exposición.

O sábado 2 de febreiro, haberá un roteiro guiado pola mañá; a charla de Francisco do Coral pola tarde, e recreación da chegada dos náufragos supervivintes a partir das 20:00h, no momento máis especial da fin de semana. De seguido, roteiro gastronómico polos locais de hostalería.

E o domingo volverase facer unha recreación ás 12:30h da partida dos náufragos rumbo a Coruña.

Mercadiño mariñeiro

Ademais, durante toda a fin de semana haberá unha explanada cun Mercadiño Mariñeiro, que aínda ten prazas para montar un posto (contacten no 610 984 015 ou 618 998 962).

Programa Homenaxe Naufraxio City of Agra en Camelle 2019

Artigos relacionados

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/camarinas-puxo-en-valor-o-poder-simbolico-dos-naufraxios-cun-potente-programa-cultural-e-gastronomico/ https://quepasanacosta.gal/man-de-camelle-o-novo-libro-de-carmen-hermo-sobre-o-artista-aleman-presentase-no-culturgal/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/camelle-fai-memoria-dos-122-anos-do-naufraxio-do-city-of-agra/20190108065319090158.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA