Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros gaña o Premio Galicia ao Turismo Sustentable

O Camiño dos Faros
O Camiño dos Faros
O Camiño dos Faros gaña o Premio Galicia ao Turismo Sustentable

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia ven de entregar os nove Ara Solis correspondentes á primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, uns galardóns creados para recoñecer iniciativas exitosas de persoas, entidades ou empresas co fin de desenvolver e mellorar o sector turístico, nunha gala celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Nesta ocasión o Premio Sustentabilidade recaeu no Camiño dos Faros pola súa contribución ao desenvolvemento dun turismo sustentable. Cristina Alonso, presidenta da asociación, foi a encargada de recoller o galardón, entregado por Belén Montero, directora de Pazos e Congresos e Exposicións de Galicia, e Jesús Picallo, presidente de Solpor, Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.

No seu discurso, Alonso fixo unha reflexión sobre toda a traxectoria dos 7 anos de vida do Camiño dos Faros, coas súas luces e as súas sombras e con toda a xente que axudou a facer posible este proxecto.

Mais por outra parte, a presidenta da asociación O Camiño dos Faros avogou pola homologación do camino como Ruta de Gran Recorrido GR, de xeito que “permita a todos os usuarios poder desfrutar do camiño sen problema e que permita aos concellos, que o están desexando ademáis, poder manter o trazado deste camiño en condicións adecuadas”, afirma. Tamén pediu una maior implicación co proxecto por parte de Turismo de Galicia, así como “unha resposta da Conselleria de Medio Ambiente ao estudio que presentamos xa hai 6 meses de Impacto Medioambiental”.

Comentarios