Imprimir

O Camiño dos Faros non ten límites

que pasa na costa | 13 de maio de 2019

Nova demostración de poder do Camiño dos Faros. Desta volta, a través do Camiño sen Límites, a versión inclusiva da ruta, esa iniciativa que achega á maxia do Camiño a escolares e persoas con diversidade funcional. Foi unha fermosa 3ª etapa, dende Corme á Pedra da Serpe. As empinadas costas non impediron que o cento de participantes disfrutarse da natureza máis pura dos 7 kms de percorrido.

Foron acompañ[email protected] pola escritora María Suárez, e remataron cuns petiscos na vila cormelá, onde agardaba por nós o grupo musical Xa era hora.

Unha xornada que se fai posible gracias á Fedanpas, e á colaboración do Concello de Ponteceso, a Confraría de pescadores e [email protected] e monitores que fan posible que escolares e os colectivos de atención ás diversidades poidan disfrutar da verdadeira Costa da Morte.

Camino dos Faros Sen limites por Corme

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/camino-faros-non-ten-limites/20190513124104109625.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA