Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Os Camiños da Costa da Morte están de moda”

Costa da Morte de moda no Farmway
Jesús Picallo e Pablo Canosa vendendo no Farmway unha Costa da Morte de moda
“Os Camiños da Costa da Morte están de moda”

Son as palabras de Jesús Picallo trala activa primeira xornada da III edición de Fairway, o único fórum con feira e congresos sobre a experiencia Xacobea. Unha ampla expedición costeira participa estes días na feira, pois a CMAT, Solpor e Muxía Natural comparten stand en presencia de outros 50 concellos galegos, tres deputacións e 6 comunidades polas que pasa o Camiño, ademais de ducias de axencias especializadas.

Só iso, esa unión de entidades, xa supón unha nova para a comarca. "Por fin se ve algo de unión de todas las asociaciones", recoñece Enrique Pérez Sampedro, do Hotel Oca Insua e membro da CMAT.
Pero é que ademais está habendo tempo para facer moitos contactos, e para comprobar que a Costa da Morte, e os seus Camiños, están moi de moda.

Ademais do Camiño Muxía-Fisterra, o Camiño dos Faros é un dos produtos máis demandados por touroperadores, ademais de outras experiencias com turismo marinero, a gastronomía...

Xentes da CMAT na Fairway

CMAT Solpor e Muxia Natural no Farmway 2019

CMAT, Solpor e Muxía Natural unidas no Fairway

Por exemplo, a Asociación Solpor, que representa Picallo, está captando máis e máis entidades, comprobando ademais que hai novos socios de todo o traxecto Santiago-Muxía-Fisterra que tanto valoran o seu traballo ao longo do ano.

Juan Jose Blanco presidente do CMAT no Farmway

Paralelamente, a CMAT está esforzándose para ampliar os seus contactos cos axentes de turismo de todo o mundo. O presidente, Juan José Blanco Riveiro (na imaxe), e o secretario, Pablo Canosa, están amosando tamén o Camiño dos Faros, nas, alomenos, 17 xuntanzas previstas para a xornada do luns con axencias de turismo inglesas, francesas, italianas e, por suposto, do Estado Español.

Natureza e o patrimonio inmaterial son aspectos que destaca todo mundo, como recoñece Suso Lema, de Muxía Natural. “A xente está interesada no noso Camiño, nun Camiño de calidade, na trnaquilidade, na natureza, na gastronomía. Hai que vender o que che diferencia”, explica Lema, satisfeito antes de entrar noutro workshop de tarde.

Stand da CMAT no Fairwaiy

Cifras dende a Deputación

Faladoiro con Antonio Leira no Farmway

As cifras que deu o deputado Antonio Leira serven para refrendar a afirmación de Picallo. “A afluencia de peregrinos en 2018 con respecto ao 2017 do Camiño Fisterra Muxía medrou un 70%”, sinalou deixando patente que é unha das que máis medra. Fíxoo nun faladoiro xonducido polo xornalista Terio Carrera, que contou ademáis coa presenza do ciclista Ezequiel Mosquera e do adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández.

“Como exemplo do gran impacto socieconómico que o fenómeno xacobeo ten nos municipios coruñeses, só en Oroso ascende a 500.000 euros, segundo os nosos cálculos”, subliñou, Leira, puidendo facer un paralelismo coas dúas vilas costeiras, as grandes beneficiadas do auxe turístico da bisbarra.

Workshop na Fairway Santiago

Novas relacionadas

Comentarios