Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un campionato de EscapeRoom para escolares coa fareira do Faro Vilán como protagonista

Campionato REMA Museos Atlanticos
Un campionato de EscapeRoom para escolares coa fareira do Faro Vilán como protagonista

Interesante proposta dos GALP e a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). Unha proposta para o alumnado de 1º e 2º da ESO de toda Galicia, para realizar unha actividade que permite ao alumnado aprender xogando, e promovendo o patrimonio mañeiro atlántico.

Unha das cousas máis singulares deste novo xogo, o EscapeRomo REMA360, é que está inspirado en Cristina Fernández, unha das primeiras fareras de España e que pasou parte da súa vida en Cabo Vilán, en Camariñas. A agora xubilada terá que conseguir facer funcionar de novo a todos os faros da costa atlántica europea aos que, por un estraño motivo, apagóuselles a súa luz.

Campionato REMA Museos Atlanticos 2

Deste xeito, os estudantes enfrontaranse, de xeito individual, a un xogo a través dunha páxina web que ofrece imaxes en 360 grados, vídeos ou arquivos de audio. A partir destes recursos audiovisuales, os alumnos terán que resolver diferentes probas.
O alumnado realizará un percorrido por 27 museos pertencentes á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), entre os que están varios da Costa: Museo da Pesca (Fisterra), Fábrica de Sel (Muros), Museo Man (Camelle), Museo do Encaixe (Camariñas), Forno do Forte (Buño), Museo Mar de Laxe, Arquivo de Pesca de Caión (A Laracha), A Conservería (Camariñas), Muíño Pozo de Cachón (Muros).
En cada un deles, deberá superar os retos propostos para poder acceder ao seguinte espazo. Tras completar os museos asociados a cada un dos GALP, os participantes deberán superar unha nova proba para conseguir un obxecto. Os tesouros que irán recaudando serán necesarios para resolver o reto final da fase online.

Inscrición

Os centros escolares interesados en participar nesta actividade poden realizar a súa solicitude ata o 28 de febreiro da través do correo electrónico [email protected]. As prazas son limitadas e a inscripción é gratuita. A fase nline desenvolvenrase entre marzo e abril, a presencia o 18 de maio nun escape Room instalado nun dos museos da rede. Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/.

Novas relacionadas

Comentarios