Venres. 29.03.2024
El tiempo

Candieira, ou o punto de unión entre as mulleres do mar

Candieira, ou o punto de unión entre as mulleres do mar
Mulleres do Mar galego no peche do programa Candieira Mulleres do Mar galego no peche do programa Candieira

Chegou ao seu fin o pioneiro programa Candieira, e fíxoo cun gran encontro entre as protagonistas celebrado este pasado sábado no Museo do Pobo Galego de Santiago. E as protagonistas non son outras que máis dun cento de mulleres do noso mar que participaron neste proxecto xestionado polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

Foi un proxecto que permitiu que tecer redes entre colectivos singulares relacionados co mundo do mar, como son as mariscadoras da ría de Muros e Noia, de Corcubión e de Camariñas, coas as redeiras de Malpica, fomentando así o asociacionismo, a cooperación e o traballo en rede entre colectivos veciños.

Varias mulleres costeiras no peche do proxecto Candieira Varias mulleres costeiras foron protagonistas no peche do proxecto Candieira

O encontro final serviu para destacar o traballo realizado ao longo do ano na cooperación, conservación e inspiración de novas iniciativas. Pero sobre todo, destaca a visibilización do papel da muller na nosa sociedade mariñeira.

Naceron arredor deste proxecto, que estivo en marcha 17 meses, novas ideas de turismo mariñeiro, de posta en valor do produto pesqueiro local dende a transformación e a gastronomía.

Os vídeos

A sesión servíu tamén para presentar estes singulares vídeos feitos arredor dos programas Embarca e Aliadas:

EMBARCA_02_Baja_H264_191018 from Candieira on Vimeo.

&nsbp;

Ver “Aliadas”.

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mariscadoras-da-ria-de-muros-e-noia-animan-as-de-corcubion-e-fisterra-a-tecer-redes-conxuntamente/ https://quepasanacosta.gal/mariscadoras-de-camarinas-e-redeiras-de-malpica-unen-lazos-a-traves-do-turismo-marineiro/

Máis novas salgadas en clave de muller

https://quepasanacosta.gal/noetina-leva-as-mulleres-do-mar-aos-centros-de-ensino/ https://quepasanacosta.gal/unha-homenaxe-en-papel-as-mariscadoras-da-ria-de-muros-e-noia/

Comentarios