Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico

Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico
Presentacion do Programa de veran do Concello de Dumbria Presentación do Programa de verán do Concello de Dumbria Programa Dumbria 5 meses sen Pausa 2016 ”Sen pausa”. Así é o lema do programa cultural, deportivo e lúdico do Concello de Dumbría para os vindeiros 5 meses. De maio a setembro non haberá unha soa fin de semana sen lío nun Concello que demostra, unha e outra vez, que a súa aposta polo deporte de alto nivel como motor económico é o camiño a seguir. A verdade é que quedamos "alucinados" co nivelazo da proposta. Fixo especial fincapé o alcalde José Manuel Pequeño nese aspecto. A idea da comarcalización dos eventos dumbrieses, e a utilización do deporte e a cultura como vehículo para xerar crecemento económico, son as bases destes programa. Pequeño, que sempre destaca que “o éxito de Dumbría é o equipo de persoas que temos, amateurs pero tremendamente válidos e entregados”, reincidiu unha e outra vez que estes eventos de carácter nacional e internacional serven de ensinar as potencialidades dumbriesas e da comarca: o río e o mar; o Camiño e a paisaxe. “Como lle sacamos retorno a estas potencialidades?”, e aí é cando a idea de vincular deporte e turismo faise fundamental. Xa o ten máis que demostrado, e este verán dará conta enchendo prazas hostaleiras de toda a zona. As cifras de pernoctacións que suman os hoteis e casas rurais de toda a volta con cada evento así o refrenda. Sobre esta vinculación falou Pablo Canosa, Presidente da patronal turística APTCM, que recoñeceu que ten que ser a patronal a que agradeza que Dumbría tire do carro, e sirva de exemplo para o resto de concellos da zona, e que se solidarice e comparta os seus éxitos con toda a costa da Morte. “A parte política e a parte privada teñen que apostar polo deporte como promotor económico”, sentenciou. “A parte privada tense que implicar, pero non é tonta, ve como funcionan aquí as actividades deportivas a nivel turístico”. “Ogallá houbese un Campionato nacional de volei ou pesca cade mes”. Un exemplo o puxo Quique Portela, representante do CDM Piragüismo Dumbría, recordando que nunha das probas deste deporte celebradas en Dumbría, había un equipo aloxado en Fisterra e outro en Laxe. Ademais, recordou outra cousa moi importante: “Os meirandes beneficiados son os nososo rapaces, os rapaces de toda a comarca (de feito no piragüismo temos de todos os concellos, só nos falta un fisterrán), porque achegar o deporte de alto nivel ao rural é espectacular”. [fbvideo link="https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria/videos/1019242724791950/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Compartindo coa cultura

O campamento de verán do Conco é a actividade con maior éxito do verán cultural dumbriés. Os pequenos serán recollidos nas súas casas, e pasarán as mañás no Conco dando clases de natación, de manualidades, actividades en inglés, obradoiros de todo tipo… Pero tamén haberá actividades para completar a visita dos turistas durante o verán, como as citas co Cine na Rúa, que se desenvolverán no Ézaro os 16 e 20 de xullo. Unhas actividades que xa comezan esta semana coas citas cas Letras Galegas, e que continuarán coa Festa da praia (que mestura deporte, cultura e troula os 6 e 7 de agosto), e a XVI Festa da Familia da Carballeira de Berdeogas (31 de xullo).

Marea de deportes

Para decatarnos do nivel do que falamos, na presentación oficial do programa apenas se nomeou un segundo o Campus do Celta que terá lugar no Conco do 11 ao 15 de xullo. Era o de menos, teremos campionatos nacionais e internacionais de diferentes disciplinas. O Volei, a Pesca, o Piragüismo e o Ciclismo serán protagonistas. Iremos repasando deporte a deporte, pero hoxe xa daremos un repaso trala presentación na que estiveron os Presidentes da Federación Galega de Volei e de Pesca.

O Volei galego ten casa en Dumbría

Falou José A. Luna en clave de agradecemento e admiración sobre o Concello de Dumbría. E soltou unha perla: “Estamos traballando para traer un Campionato de España de Volei Pista á Costa da Morte. E iso son palabras maiores. 32 equipos, 5000 pernoctacións, e 6 pavillóns en xogo”. Polo de pronto, este verán teremos que contentarnos con 4 fins de semana consecutivos de volei praia de primeiro nivel. O 23-24 de xullo instalarase a carpa no Ézaro para o Campionato Galego de Volei Praia de categorías inferiores, un evento con 500 rapaces e familiares. A última fin de semana xullo toca o Campionato de España de Volei Praia Codete, onde os nosos buscarán repetir o título do ano pasado. O 6-7 de agosto, Festa da Praia co volei praia local, e o 13-14 de agosto o Campionato Galego abosluto. Nivelazo. Ademais, falou dun pioneiro proxecto formativo, que repasaremos ao longo da semana.

Campionato do Mundo de Pesca

Aí é nada. un Camionato do Mundo de Pesca terán en Dumbría unha das súas localizacións, xunto a Santa Comba e Coristanco. 5 representantes de 15 países virán á zona, deportistas de alto nivel económico, os que nos visitarán. O presidente da Federación de Pesca, José Manuel Rey, recoñeceu que a Lei de Pesca (1992) non nos axuda. “Non hai que ir ata EEUU para ver zonas que viven da pesca, pero en Galicia non o conseguimos. E non podemos dicir que sexa un deporte minoritario, porque en Galicia hai 4000 fichas federadas para competición, pero 200.000 fichas administrativas”, que dan conta do nivel de practicantes que temos no país. “Galicia é un país de pesca”. Así, do 8 ao 13 de agosto os ríos Xallas e Anllóns estarán cheos de deporte co Campionato do mundo de Pesca a Mosca Xuventude 2016. E por se fose pouco, tamén teremos un Campionato de España. As actividades náutico-turísticas complétanse co Campionato Galego de Piragüismo no Ézaro (4 de agosto), un lugar inigualable para a práctica deste deporte que supón a envexa para todo o estado. Ademais, as rutas en kaiak pola zona e as subidas guiadas ao Monte Pindo completan unha oferta ideal para empaparse de natureza.

Co Ciclismo comezou todo

Foi Ezequiel Mosquera o que explicou os avances das dúas citas que puxeron o Ézaro no mapa mundial. Co ciclismo comezou todo e agora xa vai rodado. A polos 1500 participantes vai este curso o Gran Fondo Ézaro, que xa se chama Gran Fondo Ézaro-Costa da Morte, en clave de comarcalización. De La Vuelta falou tamén, destacando que Perico Delgado estivo esta semana subindo o Formigón do Ézaro. Repasaremos esta semana as actividades ciclistas para este verán e as impresións de Mosquera. Programa Dumbria 5 meses sen pausa  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios