Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

Cantigas de Leviatán: O xograr Suso Martínez na Illa Lobeira

Segue o mariñeiro e poeta ceense Xosé Iglesias traendo grandes personalidades á Illa Lobeira á bordo da súa embarcación Leviatán. Esrta pasada fin de semana o protagonista foi Suso Martínez, un contador de historias, “un xograr do século XXI”.

Escoitámolo nas radios e na tele como guía turístico, sacando historias de zonas da Coruña (onde mora), de Compostela ou da Costa da Morte. Lendarias son na vila herculina as súas visitas teatralizadas ao cemiterio de San Amaro.

Na illa Lobeira nos fala ese día de tanto vento do mitos das terras de Fisterra. Escoitade con atención como no ano 1640 un irlandés que chega ate o santuario de Santa María das Areas chega a definir esta terra como a mansión dos milesios. Ou a cidade de Duio asolagada polas augas co remate do seu rei afundido nos bois en frente a Gures.

Máis Cantigas de Leviatán

Cantigas de Leviatán: O xograr Suso Martínez na Illa Lobeira