Imprimir

Un carballés detido por entrar a roubar nunha casa e ameazar á inquilina cun coitelo

que pasa na costa | 12 de marzo de 2019

Un carballés detido por entrar a roubar nunha casa e ameazar á inquilina cun coitelo

A Garda Civil de Carballo detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de invasión de morada e lesións con arma branca.

A vítima foi a que denunciou os feitos. Explicou que estaba durmindo cando alguén entrou na súa casa. Cando saíu da cama, comezou a pelexar co suposto asaltante, que sacou un coitelo e lle realizou un corte no brazo, causándolle serias lesións nos tendóns e nos nervios da man.

O detido, que tamén presentou parte de lesión na rexión escapular (a Garda Civil dubida que fose a parella da vítima), pasou a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/carballes-detido-entrar-roubar-nunha-casa-ameazar-inquilina-coitelo/20190312170757107587.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA