Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo acolle unha interesante exposición sobre especies invasoras

Carballo acolle unha interesante exposición sobre especies invasoras
Exposicion de invasoras en Carballo “Unha invasión silenciosa. A biodeversidade baixo ameaza” é o título a nova exsición que acolle o Forum Carballo. A exposición de ADEGA recolle en 13 paneis diferentes aspectos relacionados con esta problemática, respondendo a preguntas como "Que son as especies invasoras? Cal é a súa orixe? Que implica unha bioinvasión?" Na nosa contorna temos exemplos de especies invasoras que están a causar importantes estragos, como é o caso da avespa velutina, que ten incidencia en todas as nosas parroquias, ou a unlla de gato, no espazo natural de Razo-Baldaio. De feito, “a introdución de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nivel planetario”, sinalan desde Adega.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios