Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo prepara o seu segundo Mercadillo de Arte do Estudo Garabato

OA 2-01 portada
O Mercadillo de Obras Artísticas celebrarase do 14 de decembro ao 8 de xaneiro.
Carballo prepara o seu segundo Mercadillo de Arte do Estudo Garabato

O Estudo Garabato inaugurará este sábado 14 de decembro as 21:00 horas o seu segundo mercadillo de arte e artesanía no que poñerán á venda os seus produtos varios autores Carballeses e da bisbarra co motivo dos agasallos deste Nadal 2019.

A proposta naceu coa idea de promocionar o producto orixinal e único artístico "feito a man" que se fai na zona bergantiñana. O mercadillo terá un horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas durante todos estes días ata o 8 de xaneiro do 2020 .

A presenza dos propios autores no stands concedidos e deseñados para a ocasiòn será este sábado na propia inauguracion. Os autores participantes son Santi Picos, Milagros Cotelo, Cristina Santiago, Mon Lendoiro, Luis Pesce, Noemi D. Neira, Sebe Auve y Isabel Soutullo

Cerámica, gravados, camisetas, llaveros, bosas.... e toda clase de obras pictóricas, dende postais, a marcapáxinas e obras en formato A4, A3 ou A5 é o que se amosará neste mercadillo, todo feito a man e aun prezo moi asequible. Unha forma orixinal de gasallar arte e pezas únicas.

OA 2-01

Comentarios