Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo celebra con Senda Nova e ADEGA o Día dos Humidais

Carballo celebra con Senda Nova e ADEGA o Día dos Humidais

Día dos humidais pasado por auga, pero con gran compromiso por parte das asociacións ecoloxistas, que coa colaboración do Concello de Carballo, organizan un par de actividas.

Xa estivemos vendo as dúas xornadas de Senda Nova co gallo desta sinalada data, pero ademais ADEGA tamén se apunta.

humedais adega Carballo

Xornada de eliminación de invasoras

O sábado 2 levarase a cabo por parte de Adega unha xornada de eliminación de flora exótica invasora cun grupo de voluntariado ambiental. Se queres participar aínda podes inscribirte chamando aos teléfonos 981 570 099-619 627 038 ou enviando un correo electrónico a [email protected]. O programa comezará ás 10.30 cunha introdución á problemática das especies exóticas invasoras, e xa a partir das 11.00 levaranse a cabo os traballos de eliminación. Despois do xantar, previsto para as 15.00 horas, levarase a cabo unha ruta por Baldaio para a observación de aves. O domingo sairán dende a rúa Venezuela de Carballo, ás 09.30 horas, os/as participantes dos Días de achegamento aos humidais da comarca que organiza a asociación Senda Nova, e que nesta primeira xornada terán como destinos Baldaio, pola mañá, e Alcaián (Coristanco), pola tarde. En colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, está prevista unha visita interpretativa que permitirá ás persoas participantes achegarse á riqueza ecolóxica e ornitolóxica da zona. Para participar é imprescindible inscribirse previamente na base de Protección Civil de Carballo, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, ou no Espazo da Natureza de Oza, hoxe xoves de 17.00 a 20.00 horas.

Comentarios