Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo destinará un mínimo de 1 millón de euros para a reactivación económica

Reunions virtuais do Concello de Carballo coa hostaleria
Reunions virtuais do Concello de Carballo cos empresari@s
Carballo destinará un mínimo de 1 millón de euros para a reactivación económica

Así llo anunciaba o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, esta semana a empresarios, hostaleiros, comerciantes… durante a serie de entrevistas virtuais que estivo facendo. De cara á elaboración do Plan de Axudas a Pymes, a Concellarçia mantivo encontros telemáticos con representantes da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de Bértoa, co Centro Comercial Aberto (CCA), Axober e a nova agrupación de hostalaría.

O Concello, que xa paralizara o cobro de todos os impostos e taxas en marzo, tamén suprime a taxa pola ocupación do solo público con terrazas de hostalaría para todo o ano 2020.

O borrador do devandito Plan de Activación depende das ordes do Gpberno e da Xunta (ás veces incongruentes, como comprobamos estes días cos Mercados e Feiras), e modificará o orzamento, utilizando a parte que permite usar o estado de alarma do remanente de Tesourería, pero esperando que o Goberno do estado permita utilizar unha maior porcentaxe, unha vez que son 12 os millóns de euros cos que conta o concello carballés.

En todo caso, 1 millón está asegurado para ese Plan que implica a distintas áreas municipais e que repercutirá en diferentes sectores económicos e sociais.

Novas relacionadas

Comentarios