Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Policía Local de Carballo intensifica a vixilancia para evitar as defecacións dos cans

Carballo entrega_coches_policia
Carballo conta con dous novos vehículos para a Policía Local
A Policía Local de Carballo intensifica a vixilancia para evitar as defecacións dos cans

É unha constante nas queixas elaboradas pola veciñanza. Parece que a cidadanía vai mellorando, e cada vez se responsabiliza máis de recoller as defecacións dos seus animais, pero non o suficiente para manter perfectamente cada vila. As queixas continúan chegando aos Concellos.

De aí, que a Policía Local de Carballo intensifique a vixilancia sobre o cumprimento da ordenanza de tenencia de animais domésticos no que respecta aos paseos polas rúas, e dun xeito especial nas prazas, os parques e o Paseo do Anllóns. O control centrarase especialmente en dous aspectos da normativa: por unha banda, a obrigatoriedade de recoller as defecacións dos cans (e botalas nun contedor verde, nunca nunha papeleira nin na rede de sumidoiros), e, por outra, a de pasealos suxeitos con correa e colar.

As multas serán unha realidade. Levar un can potencialmente perigoso sen bozo ou sen correa por un lugar público está considerado unha falta grave que pode significar ata 1.200 euros de sanción. Non levar bolsas para recoller os excrementos implica 50 euros de multa, e deixalos na vía pública eleva a sanción ata 250 euros.

Parque móbil da Policía Local

O parque móbil da Policía Local inclúe dende hoxe dous novos vehículos, SEAT Ateca, de renting equipados con desfibriladores e mampara. O Concello de Carballo optou por un sistema de renting por catro anos, polos que abonará un total de 103.382,40 euros.

A cociña solidaria

cocinha_solidaria Carballo

A Escola Municipal de Hostalaría xa ofrece 82 menús diarios a persoas en situación de vulnerabilidade. Toda unha demostración de compromiso. “Estamos contentos de poder axudar, e ao mesmo tempo aprendemos a cociñar para moita xente”, explican os alumn@s.

As familias que precisen acudir ao comedor solidario poden poñerse en contacto co departamento de servizos sociais no 981 704 706.

Novas relacionadas

Comentarios