Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade

Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade
Carballo_2030 sostible

Só utilizar esta palabra, nun marco como a Costa da Morte, xa indica algo, unha estratexia. E precisamente, a Estratexia Carballo 2030 foi a que presentou o Concello este pasado venres 4 de xaneiro. Unha liña de actuacións específicas para 2019 para que o modelo propio de concello sostible se vaia adecuando á Axenda 2030.

Xa leva moito camiño percorrido. A humanización da vila e as políticas encamiñadas a fomentar a mobilidade peonil, a universalización e a procura da excelencia na prestación dos servizos públicos ou a creación dunha rede municipal de centros sociais son exemplos dunha política que queremos converter na nosa propia marca de xestión municipal.

Pero queda moito por percorrer, como sinala o lema da Estratexia: “O futuro faise agora”, “símbolo dun modelo urbano máis sustentable e que servirá como locomotora de crecemento e desenvolvemento para o conxunto do territorio”.

Acompañaron na presentación aos representantes políticos, membros das empresas que xestionan os servizos de limpeza, ciclo integral da auga, alumeado público, canceira, residuos sólidos urbanos e control de pragas.

A primeira acción durará todo o ano, xa que se trata dun calendario de parede. Pero non é un almanaque calquera, senón un compendio de boas prácticas en materia medioambiental acompañado de pequenas doses de información sobre outras áreas municipais que tamén contribúen á Estratexia Carballo 2030.

O calendario estará dispoñible a partir da vindeira semana, de balde, en distintos edificios municipais. As persoas interesadas poden pasar pola Casa do Concello, o Fórum, a Biblioteca Rego da Balsa ou o Museo de Bergantiños para recollelo. Tamén se realizará un reparto na feira do día 13.

Comentarios