Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo posicionase como referente cultural

Carballo posicionase como referente cultural
Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputacion, mantivo unha reunion con membros do goberno local de Carballo Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputacion, mantivo unha reunion con membros do goberno local de Carballo "A acción cultural é xa un sinal de identidade en Carballo con programas xa consolidados e de referencia tamén fora das nosas fronteiras como o Rexenera Fest, o Carballo Interplay e o FIOT - que este ano superou os 10.000 espectadores -". Así o manifestou a Vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de Cultura e Normalización do organismo provincial, Goretti Sanmartín nunha visita institucional que realizou onte ao concello na que estivo co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e coas tenente de Alcalde, Belén Lendoiro e Milagros Lantes, así como con outros membros do goberno municipal. Ferrero aproveitou a presenza de Sanmartín para aplaudir a xestión do organismo provincial neste eido e fixo fincapé nas posibilidades de desenvolvemento económico do sector cultural. O obxectivo xeral da visita foi o de presentar as novas liñas de axudas da Deputación, que pasan por primar plans e programas xestionados con criterios obxectivos de reparto dos cartos públicos e que, ademais de no eido cultural, estarán deseñados para contribuír á mellora do emprego, do medio ambiente ou do patrimonio, entre outros ámbitos. No caso da cultura, "desde a Deputación apoiaranse programas xa consolidados como os que están a converter Carballo nun referente da cultura máis audaz e novidosa", sinalou Goretti Sanmartín, ao tempo que gabou o esforzo de Carballo no fomento da lingua e a cultura como piares do goberno municipal. O alcalde, Evencio Ferrero, agradeceu, pola súa parte, que a Deputación se rexa por "criterios obxectivos e obxectivables á hora do reparto dos fondos públicos que nos corresponden a todos". Ferrero defendeu a "cultura, o deporte ou as intervencións en espazos urbanos como economía no seu conxunto". "O FIOT ou o sector de balonmán que tivo lugar esta fin de semana demostran que cultura e deporte son unha boa aposta para o desenvolvemento económico", subliñou. Sanmartín engadiu que en Carballo está a desenvolverse "un paradigma e modelo de acción cultural que demostra que a imaxinación e a audacia son fundamentais para crear programas novidosos como os que compoñen a axenda de Carballo". O alcalde reiterou a vontade do goberno municipal de "que a xente se decate de que nun concello como Carballo se pode asistir a espectáculos ou actividades artísticas de gran calidade. Carballo, por exemplo, é dos poucos concellos galegos que teñen unha programación estable de danza". Para Ferrero, o concello xa exerce un certo "liderado" no ámbito cultural. Así, segundo as súas verbas "a política municipal é máis que obras e ten que ver co territorio como algo integrador para o que son fundamentais a cultura, o deporte ou os servizos sociais".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios