Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Carballo si quere celebrar o 17 de maio con outro certame de instagram

Concurso polo 17 de maio de Carballo mola
Carballo si quere celebrar o 17 de maio con outro certame de instagram

A Real Academia Galega adiou para o 31 de outubro o pleno do Día das Letras Galegas. Pero o 17 de maio segue a ser unha data lendaria no noso país, e de aí que o Concello de Carballo queira aproveitala para facer unha actividade participativa.

Dado o éxito de participación do I Concurso de microrrelatos #carballomola e a boa acollida que está tendo a versión fotográfica, a Concellaría de Cultura propón outro certame a través de instagram para poñer en valor a literatura galega.

Ata o 16 de maio invitan a que a xente envíe os seus vídeos lendo, recitado ou interpretando calquera texto en prosa ou verso, teatralizando algunha obra, cantando ou tocando... Hai dúas condicións: que sexan obras de autores e autoras homenaxeados o Día das Letras Galegas e que o vídeo estea gravado nas vosas casas.

De aí a etiqueta #Desdeamiñacasiñameular (e ligar a @carballomola), o último verso do poema “Adiós ríos, adios fontes” de Rosalía de Castro, publicado un 17 de maio no libro “Cantares Gallegos”.

Haberá 6 premios, consistentes en libros de autores/as locais e agasallos co lema “eu quero a Carballo”.

Concursos resoltos

 

Outros Concursos en marcha

Comentarios