Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo “Recicla vidro por elas”

Carballo vidro_por_elas
Carballo “Recicla vidro por elas”

Foron varias as accións arredor do Día Internacional do Cancro de Mama. Pero quedábanos unha por coñecer, que é a campaña de Ecovidrio e o Concello de Carballo baixo o lema “Recicla vidro por elas”.

A presidenta da Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro, Ana Casais, exercía case de anfitriona desta presentación, realizada entre dous contedores rosas, que permanecerán na rúa Coruña uns días. Ademais de fomentar a reciclaxe do vidro, a campaña inclúe ademais un fin directo: Os ingresos pola reciclaxe do vidro irán destinados a proxectos de investigación e prevención a través da Fundación Sandra Ibarra.

Con esta campaña, na que participan 140 cidades de todo o territorio nacional, Carballo tamén se suma ao labor de investigación, sensibilización e prevención que desenvolve a Fundación.

Novas relacionadas

Comentarios