Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Fundación Érguete constrúe novas masculinidades en Carballo

Rosaura Romo na inauguracion da Mostra Xeitos de Ver en Carballo
Evencio Ferrero, Rosaura Romo e Maica Ures na inauguración da Mostra Xeitos de Ver en Carballo ante o alumnado dos IES de Carballo
A Fundación Érguete constrúe novas masculinidades en Carballo

Acolleu esta mañá de xoves o Pazo da Cultura de Carballo a inauguración da exposición “Xeitos de ver: Construíndo outras masculinidades” e a posta en escena de “Golpes”. O alumnado de 4º da ESO dos 3 institutos carballeses foron espectadores de excepción destes dous actos, que serven para abrir o programa “Para a cadea! Move ficha contra a violencia machista”, unha iniciativa da Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM).

Foi Rosaura Romo Hernández, Responsable do Programa Reincorpora da Fundación Érguete-Integración, a que presentou ao alumnado o traballo realizado por varios usuarios da entidade durante o desenvolvemento dun Taller de Fotografía e Igualdade. A exposición xa estivo na Domus, na Coruña, pero especial interese, destacou Romo, ten a súa chegada a Carballo pois varios dos autores son carballeses.

Un taller que lles serviu para detectar mellor os comportamentos, os elementos e os diferentes aspectos da sociedade que continúan reproducindo roles e estereotipos de xénero.

Maica Ures Rosaura Romo Evencio Ferrero inaugurando a exposicion Xeitos de Ver
Maica Ures, Rosaura Romo, Evencio Ferrero inaugurando a exposición Xeitos de Ver

Acompañaron no evento a Concelleira de Igualdade e Benestar Maica Ures, e o alcalde Concello de Carballo, Evencio Ferrero, quen se deixou rodear pola mocidade para instala a “ser activistas e ser conscientes de que unha sociedade xusta ten que construírse entre todas e todos, respectando os dereitos individuais de todas as persoas, independentemente de como pensen, da súa opción sexual, da súa opción individual”.
Tivo tempo ademais o alcalde para saudar ao alumnado que participa no curso de Alfabetización Dixital que Érguete e os Servizos Sociais do Concello desenvolven este mes na aula CeMIT.

De seguido, todos baixaron ao auditorio para ver a representación teatral da peza “Golpes”, na que a actriz Estíbaliz Veiga métese na pel de Pamela para contarnos a súa vida, os seus soños, o seu romanticismo e o que aprendeu dunha relación que non debeu vivir.

NOVAS RELACIONADAS

Artigos relacionados

Comentarios