Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carlos Castealo analiza en Laxe a fotografía do século XIX

Carlos Castealo analiza en Laxe a fotografía do século XIX
O Museo do Mar de Laxe acolle mañá venres, a partir das 19:00 horas, a conferencia "A fotografía en ambulancia do século XIX en Gaticia: o caso de Santiago de Compostela" impartida polo fotohistoriador Carlos Castelao. A conferencia enmárcase no programa de actividades organizado pola concellería de Turismo de Laxe, no marco da segunda edición do programa reLAXEse. Residente en Compostela desde hai case 30 anos, cidade sobre a que xiran a meirande parte das súas investigacións e traballos, Carlos Castelao desenvolve na actualidade unha publicación sobre a fotografía galega de estudio no século XIX que proximamente verá a luz. Entre as súas principias publicacións destacan, "Ksado. Santiago de Compostela" (Cercle Cartófil de Catalunya, 2008), "Estudo das tarxetas postais no contexto da Exposición Rexional Galega de 1909", con Fuco Sanjiao Otero (Museo do Pobo Galego, 20LOl, "María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega" (Fundación Rosalía de Castro, 20171ou "Escenas de un escalatorres. Los Puertollano y la cartofilia" (CCC, 2018). A entrada é de balde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios