Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Carlos Gómez, do Celme Cafe de Vimianzo
Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”

Este mércores 4 de novembro, o presidente da Xunta vén de ampliar as restricións a 60 concellos galegos. Unhas medidas que teñen o foco en intentar salvar a campaña de Nadal, Entre eles, o de Vimianzo, con máis de 140 casos activos, onde a partir deste venres ás 15:00h terá que botar o peche a hostalaría, e onde ademais ábrese unha limitación do deporte á práctica individual.

”Xa nos mataron en vida. Xa estabamos tocados, fundidos, e agora isto. Hai que acatalas, non cabe outra, pero é centrarse unicamente na hostalería”, lamenta Carlos Gómez, do Celme Café de Vimianzo.
Un dos bares máis míticos do centro vimiancés, que levaba, ata o gromo da semana pasada, cunha boa incercia. “Dende que abrimos tralo confinamento, foise abrindo pouco a pouco e a verdade é que o verán foi espectacular. E agora iamos indo suave pero indo”.

Ata o brote da semana pasada e peche parcial da actividade. “A xente está practicando un confirmanento voluntario e o pueblo, esta aldea grande que é Vimianzo, está triste”, explica ollando a cantidade de bares que xa están pechados na Avenida dende a súa fiestra.

Porque o Celme, como outra ducia de bares e restaurantes da capital levan pechados uns días, uns por casos directos e outros pola falta de actividade. “Nós abrimos a terraza, pero descuberta e só con 3 mesas, non tiña sentido. Pola mañá aínda había un pelín de vida, pero polas tardes ata os comercios decidiron pechar. E nós tamén tivemos que pechar dende o sábado pasado, contando con que fose só 15 días. Pero agora pasar un mes pechados…” laméntase preguntando se Feijoo fará real a promesa de que si que haberá axudas.

”Estes mes hai que tirar de aforros, non queda outra, e só vai sobrevivir o que os teña”, sinala, “porque o gasto vai vir igual”.

En todo caso, polo de pronto Carlos poderá deixar de ter que sobrevivir a outra das consecuencias de toda esta pandemia. “O peor é a rumoroloxía. O coronavirus é daniño pero o que fala a xente é tremendo. Xa lle poñen covid a calquera, sen preguntar… E ao estar a pé de barra dende o primeiro minuto, escoitando á xente… é un tema moi cansino”.

A nivel comarca, no mapa-covid, a cousa segue igual que onte, cos mesmos 13 concellos afectados coas mesmas cores.
Do mesmo xeito, segue habendo 7 hospitalizados no HVdX.

Máis novas do COVID

Comentarios