Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carmen V. Valiña volveu á súa casa, o IES de Baio, para compartir a historia da emigración feminina soneirá

Carmen V Valina e varias mulleres emigrantes no IES de Baio
Carmen V. Valiña e varias mulleres emigrantes no IES de Baio
Carmen V. Valiña volveu á súa casa, o IES de Baio, para compartir a historia da emigración feminina soneirá

Segue sendo o IES Maximino Romero de Lema epicentro mundial da revolución da muller. O alumnado volvía artellar un encontro cultural, desta volta cunha voz absolutamente brillante da nosa comarca, a licenciada en Xornalismo e Humanidades, doutora en Historia Contemporánea e profesora na Universidade europea Miguel de Cervantes, Carmen V. Valiña. Unha baiesa que ademais é antiga alumna do centro e que regresou a esta, á súa outra casa, este mesmo venres 3 de maio.

A creadora de escola de feminismos on line, Periféricas, achegouse para a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/zas/carmen-v-valina-xurdimento-partidos-coma-vox-amosa-temos-estar-alerta-non-retroceder-nos-nosos-dereitos/20190423100454108891.html>presentar o seu novo libro, “Elas, as inmigrantes, unha homenaxe ás mulleres da comarca de Soneira”, onde afonda sobre as características de xénero da inmigración galega cara á Suíza. Ademais, veu acompañada de dúas das protagonistas destas nove testemuñas que conforman o libro, Fina Blanca e Pilar García, e por Esperanza Carril, avoa dunha das nosas alumnas e migrante.

Nesta charla-coloquio dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato e doutros cursos que colaboraron nunha enquisa organizada polo Departamento de Francés para facer un mapa da emigración local, puideron escoitar as testemuñas de primeira man destas tres mulleres que pasaron un bo anaco das súas vidas no estranxeiro, uns anos que as regresadas lembran con moita ledicia e aos que se refiren mesmo como “os mellores da súa vida”, nunha sociedade se cadra “menos alegre” que a galega, pero onde tiñan acceso a mellores soldos e condicións laborais. Unha sociedade que en calquera caso, “acolleunas cos brazos abertos”.

Como no seu anterior traballo “El mundo árabo-islámico como ellas nos lo contaron”, Carmen Valiña pon o foco nas mulleres, porque, en palabras da autora, “o fluxo migratorio que marcou a nosa historia recente non pode seguir sendo estudado de parámetros que deixan fóra as experiencias femininas.”

Novas relacionadas

Máis novas do IES

Comentarios