Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnés mobilízase contra o peche da escola unitaria

Carnés mobilízase contra o peche da escola unitaria
Non ao peche da Escola de Carnes

Continúan os problemas cos recortes no Ensino na Costa da Morte, Galicia e toda España. As protestas a nivel estatal mestúranse coas locais, como a que acabamos de comprobar en Carnés, Vimianzo. Toda a comunidade educativa, comandada polos pais e nais das crianzas, concentrábanse este sábado protestando polo peche da Escola Unitaria de Carnés. O lema, un claro “Non ó peche da Escola”.

Un peche que consideran “inxustificado” xa que hai 6 nenos xa matriculados para este curso, e 8 para o seguinte, cando o mínimo que esixe a Xunta é de 5 nenos. De feito, na contorna hai varias funcinando con ese número de cativos.

Foron unhas 30 persoas as que se concentraron diante da escola, entre as que estaban o alcalde e os concelleiros do BNG vimiancés, o voceiro do PP Juan Carlos Amado, e o edil non adscrito J. Antonio Rodríguez, ademais do responsable comarcal do BNG. O alcalde vimiancés prometeu intentar concertar unha entrevista co director Xeral de Educación para tratar buscar unha solución.

Antelo cos pais da Escola de Carnes

Os pais e nais dos cativos esixen o mantemento dun servizo tan necesario como evidente. Pero a concentración parece que é un dos argumentos para o aforro das arcas públicas, e non importa que 6 cativos de Carnés teñan que desprazarse a outro Concello (a escola máis cercana sería a da Ponte do Porto, en Camariñas) para estar nunha clase con outros 20-25 compañeiros. Aló vai outra das grandes vantaxes da eduación nas pequenas escolas, a gran atención que recibe cada neno.

As nais e os pais anunciaron que van seguir manifestándose ata evitar o peche. Verémolas nais tamén nos informativos da TVG.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios