Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnés repasa o seu pasado coas Historias de Inverno de Senda Nova

Carnés repasa o seu pasado coas Historias de Inverno de Senda Nova
historias inverno carnes Catro veciñas de Carnés falaron das súas vivencias de tempos pasados As festas no salón de Carnés, a Faguía e a súa orixe e as palilladas foron as protagonistas das Historias de Inverno narradas por catro veciñas da parroquia de Carnés dentro do programa de recuperación da historia local e das antigas xuntanzas invernais a carón do lume promovidas pola asociación ambiental Senda Nova. senda nova carnes As narradoras interpretaron varios cantos tradicionais durante o faladoiro Onte foi o turno de María Pérez, Mercedes Arturo, Juana Ínsua e Esperaza Ferrín - todas elas da parroquia vimiancesa de Carnés - que que non dubidaron en dar conta das historias vividas por elas mesmas anos atrás. Unhas vinte persoas asistiron a este faladoiro presentado por Nieves Lema, traballadora do concello de Vimianzo. Loroño (Zas), Buño,... foron algúns dos lugares que xa desfrutaron destas "Historias de Inverno" e que reuniron a un importante número de asistentes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios