Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carnota acolle unha Xornada de Cultura Rural para o desenvolvemento dos negocios locais

Cultura rural e  desenvolvemento local
Carnota acolle unha Xornada de Cultura Rural para o desenvolvemento dos negocios locais

AFIPRODEL ( Asociación de profesionais de Desenvolvemento Local) , organiza unha xornada o día 13 de decembro  no Concello de Carnota baixo o lema “Cultura rural e desenvolvemento local”.

Nesta xornada falarase da Economía Circular como unha oportunidade para novos negocios, da sustentabilidade  do desenvolvemento rural, ademais de realizar obradoiros para a elaboración de proxectos europeos. Tamén se fará a presentación de candidaturas a distintas convocatorias, procura de socios en distintos países,etc.

Afiprodel pretende achegar ferramentas ós técnicos, asociacións e distintos profesionais que traballan no territorio e, co fin de acadar estos obxetivos, planifica unha xornada con expertos que poden dar resposta  a este tipo de cuestións, contando con profesores da UdC, e consultoras con anos de experiencia en programas europeos, considerando que a cultura rural está ligada directamente con calquera tipo de desenvolvemento, e que é necesario tela en conta en calquera planificación económica.

Para a celebración da Xornada AFIPRODEL conta cunha subvención da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Carnota.

0001 (14)

0002 (2)

Comentarios