Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota ensina o que le polo Día do Libro

Miraoqueleo en Carnota
Carnota ensina o que le polo Día do Libro

Aproxímase o 23 de abril, Día do Libro, que vén singular para este 2020. Non haberá contacontos nas Bibliotecas, pero temos en marcha varios certames. Dende Carballo abriron un concurso de microrrelatos e dende Camelle, Naufraxios Galegos convoca o primeiro concurso de Contos Mariños. Queda pouco tempo así que hai que poñerse a crear en pleno confinamento.

Tamén para o #Miraqueleo, unha proposta impulsada pola Axencia de Lectura Municipal de Carnota compartindo lecturas dende a casa.

Para participar cómpre realizar unha fotografía ou un pequeno vídeo cunha recomendación literaria (unha imaxe do noso libro preferido, o que temos entre as nosas mans neste momento, a nosa última descuberta…) e compartila coa Biblioteca explicando os motivos da escolla. Pódense compartir lecturas en calquera formato, dixital ou en papel, e de calquera xénero.

As fotografías ou vídeos pódense enviar durante o mes de abril por correo electrónico a [email protected] para que a Biblioteca os comparta na rede (Axencia de Lectura Municipal de Carnota) ou tamén se poden compartir directamente empregando os seguintes cancelos: #Miraoqueleo; #ALMdeCarnota e #DíadoLibro.

Outros Concursos

Comentarios