Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota segue apoderando á muller dunha visión artística e cultural

  • ÚLTIMA HORA: O taller "Elas Muralistas" previsto para o 6 foi aprazado para o 25 de novembro.
Sumate a Igualdade en Carnota
Carnota segue apoderando á muller dunha visión artística e cultural

Segue o Concello de Carnota apostando pola Igualdade coa Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!). Ao longo destes meses son moitas as actividades que se levan realizando ara apoderar ás mulleres, e vemos como paralelamente nacen entidade feministas como SonLilá.

Este mes de coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza, a través dunha visión artística e cultural.

Carnota en Igualdade Programa novembro 19

O 25 de novembro (estaba previsto para o día 6 pero tivo que ser aprazado) (de 16:00h a 20:00h) haberá a acción “Elas, muralistas”, que se trata dun Obradoiro de arte urbana feminista, para a creación dun mural comunitario. A cita será no Pavillón de Carnota e está dirixido a mozos e mozas a partir de 16 anos.
Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2)

Os xoves 7 e 14 de novembro, ás 18:00h, desenvolverase o Obradoiro de autocoñecemento para o fortalecemento persoal “Cóidome”. O Salón de Plenos do Concello acollerá a cita con todas as mulleres do Concello que se queiran apuntar.
Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2).

Finalmente o 22 de novembro ás 17:30h. haberá un espectáculo de narración oral e música ao vivo de Tropa de Trapo, no Salón de Plenos do Concello, Dirixido a público infantil e familiar. Serán Contos de nenas grandes e pequenas.

Novas relacionadas

Comentarios