Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota súmase á igualdade

Carnota súmase á igualdade
Carnota plan de igualdade Paralelo ao programa de convertirse nun Concello Amigo da Adolescencia e Infancia, Carnota está a traballar na elaboración do “IV Plan de Igualdade entre mulleres e homes”, intentando que a igualdade de xénero sexa un tema fundamental na axenda política municipal. A Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de Carnota, a través da campaña Súmate á igualdade (+=), comezou un proceso participativo para detectar as necesidades e problemáticas en materia de igualdade de xénero, e especialmente aquelas que afectan ás mulleres de Carnota. No marco deste proxecto a Concellaría ten programadas diferentes actividades que se levarán a cabo durante os vindeiros meses.

Encontros

Por unha banda, estase a realizar unha diagnose sobre as desigualdades de xénero que se reproducen no municipio; xa sexa no ámbito laboral, no fogar, na escola ou na vida asociativa e comunitaria. Para lograr un estudo minucioso a Concellaría convocará diferentes encontros de traballo coa comunidade educativa, o sector empresarial, o tecido asociativo e con mulleres do municipio. O obxectivo é rescatar as opinións e percepcións da veciñanza.

Plan

Por outra, deseñarase unha folla de ruta para os vindeiros catro anos. Neste documento fixaranse grandes liñas de traballo que atravesarán as diferentes áreas municipais. O proxecto conta con perfís nas redes sociais (Facebook e Twitter: Súmate á igualdade). A través destas plataformas preténdese crear un espazo de sensibilización, concienciación e educación en igualdade. Ademais, tamén se facilitarán materiais divulgativos para os equipamentos públicos municipais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-crea-o-consello-de-infancia-e-adolescencia/ https://quepasanacosta.gal/carnota-quere-ser-amiga-da-infancia-e-da-adolescencia/

Comentarios