Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota viaxe á década literaria dos anos 70 cunha exposición

Carnota viaxe á década literaria dos anos 70 cunha exposición
Exposicion en Carnota Letras ó Camino-Unha década das Letras 1973-1982

Fermosa a viaxe literaria que podemos emprender dende o salón de actos do Concello de Carnota. A Exposición “Letras ó Camiño. Unha década das Letras: 1973-1982”, enche de historias, ata o 8 de xaneiro, o concello, para facer unha homenaxe ás 10 figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas entre os anos 1973 e 1982.

Un proxecto expositivo con carácter literario e biográfico, promovido pola Asociación Cultural O Ferrado de Asados – Rianxo, co soporte da Deputación da Coruña. A idea da presente mostra é continuadora do proxecto iniciado en 2017, que comezara cos 10 primeiros escritores. Ademais deste proxecto, O Ferrado tamén está a desenvolver outro complementario –"Do oral ó escrito"-,  que pretende identificar, recoller e divulgar a literatura de tradición oral.
A información destes proxectos pódese consultar nos códigos QR dos carteis postos a disposición  dos/as visitantes.

Ademais, o xoves 27 ás 11:15h no salón de actos, o presidente da Asociación O Ferrado, Rafael Piñeiro, fará entrega ao Alcalde, Ramón Noceda, do “Broche dos Bos e Xenerosos” nun acto aberto á veciñanza e en agradecemento pola boa acollida ofrecida polo Pobo de Carnota.

Comentarios