Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota volve quedar sen pediatra nesta complicada tesitura

Centro de Saude de Carnota
Centro de Saúde de Carnota
Carnota volve quedar sen pediatra nesta complicada tesitura

A baixa do pediatra de Muros provoca que, unha vez máis, o Centro de Saúde de Carnota fique sen profesional de atención para os menores. Polo menos ata o día 23, a profesional de Carnota, que era compartía e só acodía 3 mañás á semana, queda unicamente atendendo no centro muradán, a onde están derivando ás famiias carnotás.

Unha situación habitual nos concellos da comarca ante a falta de substitución das baixas dos profesionais de pediatría. Pero se cadra máis grave no marco deste comezo de curso, onde a sintomatoloxía habitual dos catarros, mocos, gripes ou virus ordinarios, se solapa en moitos casos coas do COVID, coa alarma que iso supón nas comunidades escolares.

Son varias as familias que se puxeron en contacto con esta redacción para lamentar, que “non é é o problema de desprazarse, senón que non hai maneira de ter vez, pois o centro muradán queda saturado”.

Novas relacionadas

Reportaxes sobre o precario servizo de pediatría na Costa da Morte

Comentarios