Martes. 16.04.2024
El tiempo

Carnota acolle a presentación do documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo”

A icónica imaxe de Ruth Matilda Andernos das leiteiras do Pindo
Carnota acolle a presentación do documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo”

A completa Axenda doDepartamento de Cultura, Turismo, Deportes e Axencia de Lectura Municipal do Concello de Carnota vén cargada de actividades para estes días.

E ademais das actividades que xa están en marcha, este martes 16, día do Carme ás 19:00h, o salón de actos acolle unha presentación moi especial. Sae á luz o documental “Mulleres co mundo na cabeza. Os camiños do Pindo”, un proxecto do Consello da Cultura Galega dirixido por Encarna Otero. “É unha homenaxe a todas esas mulleres anónimas que sustentaron cos materiais que transportaban na súa cabeza a numerosas familias e que non deixaron ninguna pegada nos rexistros oficiais”, sinala a autora.

Este documental está baseado nas fotografías que Ruth Matilda Anderson realizou sobre os traballos das mulleres do Pindo na primeira metade do s. XX e gravado enteiramente no concello de Carnota con testemuños das mulleres que aquí residen. O broche de ouro ao evento estará a cargo da actuación de Guadi Galego.

Un verán de Conto

Ademais, a partir do mércores 17, chega una nova edición de Un Verán de Conto!, un programa de dinamización lectora, que a través da Axencia de Lectura Municipal ao abeiro dos programas Ler Conta Moito (Xunta de Galicia) e da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña, chega repleto de música, teatro, clown, contos e maxia para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Todas as actividades serán ás 11:30 h no salón de actos do Concello de Carnota. A entrada é libre até completar o aforo do local.

Programa de Veran de Carnota 2019

Festas do Carme

Ademais, volven Festas do Carme de Caldebarcos-Panchés coa tradicional sardiñada na Fontevella o xoves 18 e a gran verbena o 19. Unhas festas que inauguran a tempada de celebracións nas distintas parroquias do concello como poden consultar no díptico, así como as probas deportivas.

Andainas

Andainas verán_2019 copia

Comentarios