Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Carpinteiros da Costa sacan peito e toman notas das axudas autonómicas

Visita da Atacarma a Fundacion Eduardo Pondal
Os Carpinteiros da Costa sacan peito e toman notas das axudas autonómicas

Onte foi un día de satisfacción para os membros da Asociación de Talleres de Carpintería de Madeira de Bergantiños e A Costa da Morte (Atacarma). A visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a Ponteceso, á Fundación Eduardo Pondal, serviu para poñer en valor o peso da industria forestal na comarca, sinalando que un de cada tres profesionais do sector forestal en Galicia traballa na provincia da Coruña, que suma tamén un terzo das cortas de madeira totais do 2018.

Unha sesión para destacar o papel da industria forestal na creación dunha “Galicia máis verde”.

A visita era un encontro informativo para anunciar a convocatoria de axudas por valor de 10,4 millóns de euros, cofinanciada con fondos Feader, para realizar investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais. Informou ademais de que a próxima semana prevese activar así mesmo un programa dotado con 2 millóns destinado ás empresas da segunda transformación da madeira e o sector contracto.

Comentarios