Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Carral acollerá a homenaxe que o AT. Milagrosa lle adica a Luís de Rafael

Partido homenaxe a Luis de Rafael 2
O Carral acollerá a homenaxe que o AT. Milagrosa lle adica a Luís de Rafael

Esta será unha fin de semana emotiva en Carballo. A Asociación Cultural Deportiva da Milagrosa organiza unha Homenaxe este 2 de novembro, a Luís Gende Viña, coñecido popularmente Luís de Rafael. Luís resultou finado recentemente tras unha longa enfermidade.

A cita será un partido no Carral (Sofán), a partir das 19:00h, entre o propio equipo de Veteranos da Milagrosa, onde xogaba o carballés, e o San Martiño (A Silva).

A familia será a encargada de entregar un trofeo ao equipo gañador, e a xente da Milagrosa terá outros detalles de agarimo coa familia e recorda que, Rafael Gende, pai de Luís, foi Presidente do Milagrosa durante unha longa etapa.

Comentarios