Venres. 29.03.2024
El tiempo

A carreira pola auga máis grande do mundo chega a Ponteceso

A carreira pola auga máis grande do mundo chega a Ponteceso

Carreira pola Auga de Abellariza en Ponteceso

Fermosa a iniciativa que arma a A.D. Abellariza de Ponteceso. Unha carreira solidadia de 6k, a carreira polo auga máis grande do mundo, pois se realiza en máis de 20 países do mundo. En España, o epicentro é Madrid, pero ao mesmo tempo realízanse carreiras simultáneas en Asturias, Granada, Marbella, Bilbao e Valencia, sendo a de Ponteceso a única cita galega.

Esta carreira de carácter non competitivo, ou mesmo Andaina, será o próximo día 5 de maio ás 11:00 en Ponteceso tendo o punto de encontro a Praza do Recheo. Terá un percorrido fácil e bonito pola zona do malecón paralelo ao río Anllóns.

Ese mesmo día pola tarde, levarase a cabo unha limpeza da Praia de Balarés (Ponteceso) e Praia da Ermida (Corme), poderán participar todas e todos os inscritos, e sumaranse grupos particulares e colectivos, todo o lixo que se recolla depositarase en contenedores facilitados polo Concello de Ponteceso, que procederá a retiralos ao día seguinte.

Coa inscripción obsequiarase a cada participante cun kit do corredor formado por unha camiseta conmemorativa, unha mochila, o dorsal e un bidón deportivo para líquidos. Aquí podedes ter máis información e inscricións.

Por que 6k?

Seis quilómetros é a distancia promedio que persoas (polo xeral mulleres e pícaras) deben camiñar en busca de auga en países en vías de desenvolvemento. Con frecuencia, a camiñada é perigosa e a auga que recolectan non é apta para consumo. Cando che comprometes a camiñar ou correr na Global 6K de World Vision, estás uníndoche a estes nenos para facer que o seu mundo sexa un lugar máis seguro e san.

Todas as donaciós recaudadas pola Global 6K beneficiarán a nenos, pícaras e as súas comunidades a través dos proxectos de auga de World Vision.

Comentarios