Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional

Chegada das Carrilanas Esteiro
As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional

Coincidindo con fin de ano xa avisaran. Pero acaba de facelo público a Delegación do Goberno en Galicia: As Carrilanas de Esteiro son declaradas Festa de Interese Turístico Nacional, tal e como asinou hoxe o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés.

Dende o goberno estatal recoñecen que o Gran Prix das Carrilanas de Esteiro é unha das grandes citas do calendario festivo galego, destacando a orixinalidade dos “autos tolos”.

A cita nacía 1988, gracias a ese grupo de veciños que quería recuperar as festas patronais da parroquia, as festas de Santa Mariña, que non podían competir economicamente coas festas dos pobos veciños vinculadas á Virxe do Carmen, patroa dos mariños, e que se celebran tamén a mediados de xullo

As carrilanas, ese xoguete de postguerra tan típico nas casas das vilas, foi a seña de identidade desta nova desta, na que o “O Gerente” foi parte fundamental. Tanto para mantela viva facendo ese descenso pola costa do Maio, como para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2000. Hoxe en día, máis de 30.000 persoas visitan o lugar de Esteiro durante a fin de semana de celebración.

Novas relacionadas

Comentarios