Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carrillo: "Temos que estar moi orgullosos da Sanidade Pública Galega"

  • O primeiro caso de coronavirus da Costa da Morte fala tras superar a enfermidade e pasar dous meses na UVI do CHUAC
Carrillo: "Temos que estar moi orgullosos da Sanidade Pública Galega"

Este venres 22 de maio tivemos unha cita moi especial nos #DirectosQPC. Temos con nós a José Fernando Carrillo Ugarte, e mais ao seu fillo Fernando Carrillo Lago. Carrillo pai, toda unha lenda en Fisterra e na comarca, foi o primeiro caso de positivo por coronavirus na Costa da Morte. Foi o sábado 14 de marzo, apenas un día despois da declaración do Estado de Alarma cando tiña que ingresar no Hospital Virxe da Xunqueira. Tardou dous meses en volver a casa, e facíao precisamente este luns enre o cariño e os aplausos d@s veciñ@s, despois dunha longa e heroica recuperación na UVI do CHUAC. Con 20 kg menos pero co sorriso e a lucidez de sempre.

Carrillo, con algún que outro problema técnico, contounos de primeira man como é ser un auténtico supervivinte, servir de “conejillo de indias” ao ser un dos primeiros ingresados do país, polo que os sanitari@s “non daban un duro por min”. Contou todo o proceso hospitalario, con excepción do mes e medio que ten esquecido por ter perdido o coñecemento. Quixo agradecer a labor de todos os sanitari@s e valorou a importancia da sanidade pública galega.

Agradeceu ademais o cariño recibido á súa volta e asegura que, coa axuda da súa muller, e da súa comida, pronto volverá ter forzas para seguir presentando escritos a nome da activa Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra.

Pola súa parte, Fernando, embarcado esta semana en Ferrol nun remolcador, contounos como se vive dende o seo dunha familia a incerteza de non saber que vai pasar. Explicou con maior detalle como foron os procesos, e lamentou “a tensión e falta de formas” que se viviu nos primeiros momentos cunha pequena parte da veciñanza.

Novas relacionadas

Comentarios