Venres. 29.03.2024
El tiempo

O #CarruselElectoral deixa dúas grandes sorpresas e varias alcaldías en minoría

Monica Rodriguez recibindo o baston de mando de Manuel Antelo como nova alcaldesa de Vimianzo 1
Mónica Rodríguez recibindo o bastón de mando de Manuel Antelo como nova alcaldesa de Vimianzo
O #CarruselElectoral deixa dúas grandes sorpresas e varias alcaldías en minoría

Expectación máxima este sábado 15 de xuño para ver como remataban os plenos de constitución das novas corporacións municipais. Sobre todo nos 7 concellos onde non se sabía que ía acontecer, pois as negociacións se apuraron ata última hora como fumos comprobando no noso Pactómetro. De feito, como comprobamos si que houbo relativas sorpresas nos plenos de Santa Comba ou Malpica, onde pactos relativamente singulares deixan alcaldes que non foron as forzas máis votadas. Nos plenos de emais en Coristanco, non pasou tal e finalmente as forzas máis votadas toman a alcaldía.

Numerosos veciños tiveron que quedar fóra por falta de espazo para vivir uns plenos que supoñen toda unha cerimonia, acorde iso si coa súa importancia. A mesa comeza baleira, só coa secretaria, mentres os edís electos esperan sentados case que mesturados co público asistente. A primeira fase é para que os candidatos se postulen á alcaldía. Será logo de constituír a mesa de idade e que a secretaria le a normativa. De seguido tócalles votar á alcaldía de xeito personalizado a man alzada e por orde alfabético de apelidos. Primeiro xuran os membros máis novo e máis idade e a continuación o resto.

Carrusel Electoral

Os plenos que máis interese recibían na xornada de hoxe, por non termos claro que ía acontecer, son os que xa analizamos no #CarruselElectoralCostadaMorte:

Relativa tranquilidade no resto

A nova corporación laxense
Nova corporación laxense trala toma de posesión de José Luís Pérez Añón como novo alcalde popular

Ademais dos 8 concellos onde a maioría absoluta pechaba toda posibilidade á sorpresa, en Fisterra, a primeira hora da mañá, PSOE e BNG asinaban un convenio para continuar co pacto de goberno co que levan estes 4 anos.

Tamén en minoría gobernará José Manuel Saborido, “Moma”, como novo alcalde do PSOE de Carnota.

Concello a Concello

Pleno de investidura en Mazaricos 2019
Pleno de investidura tranquilo en Mazaricos

As alcaldías, concello a concello, quedan así con 10 alcaldías do PSOE, 4 do PP, 3 do BNG e 1 de CxG.

Temos ademais 4 alcaldesa por 14 alcaldes, e temos 9 nov@s alcaldes/as.

- Cabana: José Muíño (PP), alcalde (repite) con maioría absoluta.

- Camariñas: Sandra Insua (PSOE), alcaldesa (repite) con maioría absoluta.

- Carballo: Evencio Ferrero (BNG), alcalde (repite) con maioría absoluta.

- Carnota: José Manuel Saborido “Moma” (PSOE), alcalde (novo) en minoría.

- Cee: Margarita Lamela (PSOE), alcaldesa (nova) en minoría.

- Corcubión: Lalo Insua (PSOE), alcalde (repite) en minoría co apoio de PACor.

- Coristanco: Juan García Pose (PP): alcalde (novo) en minoría.

- Dumbría: José Manuel Pequeño (PSOE), alcalde (repite) con maioría absoluta.

- Fisterra: Jose Marcote (PSOE), alcalde (repite) formando pacto de goberno co BNG.

- Laxe: José Luís Pérez Añón (PP), alcalde (novo) con maioría absoluta.

- Malpica: Walter Pardo (PSOE), alcalde (novo) formando pacto de goberno con BNG e Cs.

- Mazaricos: Juan José Blanco (BNG), alcalde (repite) con maioría absoluta.

- Muros: Inés Monteagudo (PP), alcaldesa (nova) en minoría.

- Muxía: Iago Toba (PSOE), alcalde (novo pero do mesmo partido) con maioría absoluta.

- Ponteceso: Lois Carballido (PSOE), alcalde (repite) con maioría absoluta.

- Santa Comba: David Barbeira (CxG), alcalde (novo) co apoio do PSOE.

- Vimianzo: Mónica Rodríguez (PSOE), alcaldesa (nova) en minoría.

- Zas: Manuel Muíño (BNG), alcalde (repite) con maioría absoluta.

Pleno e investidura de Camarinas 2019
Sandra Insua tomando posesion como alcaldesa de Camariñas
Investidura de Jose Manuel Pequeno en Dumbria 2019
José Manuel Pequeño foi investido por 10ª vez tras cumplir 36 anos como alcalde de Dumbría 

Corporacion de Cabana copia
Nova corporación cabanesa

Todas as novas das Eleccións

Comentarios