Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Casa da Cultura da Laracha acolleu o primeiro pleno en estado de alarma

Así se desenvolveu o pleno na Laracha
A Casa da Cultura da Laracha acolleu o primeiro pleno en estado de alarma

Estrana pero necesaria imaxe a vivida no pleno de onte celebrado na Casa da Cultura da Laracha, cos edís espallados polas butacas do auditorio para o primeiro Pleno convocado desde a declaración do estado de alarma.

A sesión comezaba cun minuto de silencio, e tivo como único punto da orde do día a aprobación (por unanimidade dos 17 concelleiros) inicial do suplemento de crédito que permitirá incorporar aos orzamentos municipais 1.119.706,17 euros a financiar con parte do remanente líquido de tesourería. Unha medida no marco da modificación da Lei de Estabilidade Orzamentaria co gallo do estado de alarma.

A idea do Concello é destinalos a actuacións de mellora de infraestruturas públicas, adquisición de equipamento, compra de terreos e traballos de mantemento en instalacións municipais. As obras previstas xa as repasamos a semana pasada.

Plan de axudas

O alcalde, José Manuel López Varela, anunciou que se aprobará nos próximos días un Plan municipal de axudas dirixidas ao fomento do emprego ante a situación actual do mercado laboral. Un Plan que podería contar con máis fondos procedentes, por exemplo, de axustes de partidas orzamentarias, programas municipais e eventos festivos que non se van poder desenvolver, subvencións nominativas e baixas nas licitacións das obras

As obras previstas para a ampliación dunha das vías principais da parroquia de Montemaior, que é a que comunica A Baiuca con Propeste dando acceso ao núcleo de Santa Margarida, serán aprazadas.

Taxas

A comisión de seguemento aproba a exención durante un ano da taxa municipal pola ocupación da vía pública con mesas e cadeiras das terrazas.
Ademais, tratarase a volva á actividade da feira de Paiosaco o domingo día 17 de maio, para o cal o Concello da Laracha tomará todas as medidas oportunas para cumprir as normas de seguridade que se establezan desde as autoridades
sanitarias competentes.

Novas relacionadas

Comentarios