Venres. 29.03.2024
El tiempo

Case un millón de euros para obras de Vimianzo aprobados en pleno

Mónica Rodriguez alcaldesa de Vimianzo
Mónica Rodriguez durante o pleno telemático
Case un millón de euros para obras de Vimianzo aprobados en pleno

Varias obras foron aprobadas nun novo pleno telemático no Concello de Vimianzo, tralo que a alcaldesa Mónica Rodríguez, quixo destacar o “consenso entre as forzas políticas da corporación para conseguir melloras de gran relevancia para o noso municipio”.

Entre o POS e fondos propios son 871.650,54 euros os aprobados.
En total, no concerninte ás obras do POS, destinaranse un total de 293.483,07 euros, dos que unha parte serán destinados a axudas en emerxencia social e para axudas para actividades de conciliación que pretende organizar o Concello, ademais do financiamento dos medios de prevención e protección para os comercios de Vimianzo, todas estas comprendidas no contexto da pandemia provocada pola covid-19.

Obras

No relativo a obras, a relación comprende:

  • A mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa entre a estrada AC-582 e o cruce Sansobre, cun importe de 216.816,04 euros; 
  • O proxecto de obra de reparación e substitución da capa de rodadura da estrada municipal entre Tines e a Piroga, por importe de 328.929,70 euros.
  • A modificación do proxecto cun incremento económico de obra da reparación e mellora do firme, beiravías, cunetas e bordaduras na estrada municipal entre Carnio e Serramo, con valor de 32.421,79 euros.

Novas relacionadas

Comentarios