Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Casino1889 forma en materia de igualdade, música e regueifa

Obradoiro de Aventeira lentes violetas no Casino Carballo
O Casino1889 forma en materia de igualdade, música e regueifa

A programación do Casino1889 vai moi enfocada á formación a pequenos grupos. Así as vindeiras actividades céntranse na igualdade, a guitarra e a regueifa.

Este sábado, 19 de decembro, de 10h a 18h, desenvolverase unha xornada formativa chamada “Lentes Violetas”. A Cooperativa de educación e lecer Aventeira organiza unha formación gratuíta para asociacións e entidades de tempo libre. O obxectivo desta é poder aplicar o enfoque de igualdade de xeito práctico nas organizacións.
Cómpre inscribirse neste formulario.

Ademais, a partir de xaneiro comezan dúas novas aulas. Guitarra con Pablo Moreira (inscribirse neste formulario, e Regueifa coa Lupe Blanco (inscribirse neste formulario).

AULAS REGUEIFA no Casino1889 Carballo

Comentarios