Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo abre o verán cunha cifra histórica de visitantes

Maqueteiro no Castelo de Vimianzo
O Maqueteiro do Castelo de Vimianzo
O Castelo de Vimianzo abre o verán cunha cifra histórica de visitantes

Ten gañas a xente de ver, de coñecer, de saír… Seguro que este verán a completa oferta de visitas guiadas polos elementos patrimoniais de Vimianzo triunfa. Como triunfa a Mostra de Artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo, que comezou o verán cunha cifra histórica de visitantes.

A pesar de abrir as portas o 5 de xuño, foron case un milleiro de persoas as que acodiron a ver as palilleiras, aos oleiros, ás tecedeiras do liño, ao ebanista, ao cesteiro, á sombrereira… demostrando o importante atractivo turístico que representa para os visitantes que se achegan á Costa da Morte.

Só en 2016 as cifras do mes de xuño foron mellores, e iso que este xuño aínda non se admitían visitas de grupos organizados en excursións e e viaxes.

De entre todos os visitantes foron maioría os procedentes da propia comunidade, un 72% dos turistas, sobre todo porque non se permitiron os desprazamentos entre comunidades ata ben entrado o mes. E o máis habitual foron os visitantes que se achegaron á fortaleza vimiancesa en parella, supoñendo un 46% do total, seguidos por familias nun 33% e grupos de amigos nun 13%.

Novas relacionadas

Comentarios