Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo viaxou ao Neolítico co novo libro de Manuel Regueiro

Presentacion en Vimianzo do libro de Manuel Regueiro
O Castelo de Vimianzo viaxou ao Neolítico co novo libro de Manuel Regueiro

Como nos contaba Alejandra Plaza, este pasado venres Manuel Regueiro presentaba no Castelo de Vimianzo o seu libro ‘O Tesouro de Brando’. Estivo acompañado pola alcaldesa Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o arqueólogo Juan Ramón Vidal-Romaní e Julia Ures Villar, a tradutora ao galego da obra.

A obra deste un xeólogo afincado en Madrid con raíces carballesas e que disfruta dos veráns en Corme, contén unha visión que vai desde o mundo perdido do Neolítico ata a interpretación da vida cotiá realizada por unha arqueóloga moderna, que estuda os seus restos e obras e descubre cousas sorprendentes e que o lector xamáis imaxinaría, como o porque de como esculpían os petróglifos, os seus ritos e relacións persoais ou historias de amor odio.

A seguinte parada do libro será o día 11 ás 20:00 horas en Camariñas.

Manuel Regueiro asinando libros no Castelo de Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios