Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Castriz – Cabana, a loita pola segunda praza da Terceira Galicia

Castriz – Cabana, a loita pola segunda praza da Terceira Galicia
Álex Mourelle (SD Castriz) e Darío Santiso (Cabana SD). Fotos: David Castro. O encontro que enfrontará este vindeiro domingo ao Castriz co Cabana centrará toda a atención do Grupo 4 da Terceira Galicia, xunto co derbi entre o Camariñas e o Porteño, xa que rossoneros e nerazzurros xóganse a segunda praza da clasificación, a cal dá dereito ao ascenso directo á Liga da Costa. A pesares de que quedan moitas xornadas para rematar a competición ligueira, ambos equipos saben da importancia deste partido e diso quixemos falar con Álex Mourelle, xogador do Castriz, e Darío Santiso, gardameta do Cabana SD.

Os protagonistas

Álex Mourelle, xogador da SD Castriz Álex Mourelle, xogador da SD Castriz. Foto: David Castro. QPC: Como estás vivindo a tempada da túa volta ao equipo da túa terra? A.M.: Pois con moita ilusion e co obxectivo de devolver ao Castriz a onde se merece. Despois dun ano no Sporting Zas, onde me trataron de 10 coa chamada de David Velo na pretempada custoume un pouco deixar o Zas pero as cores ao final tiran e o proxecto que me propuxeron, acaboume convencendo. QPC: Son 7, os puntos que vos separan do Coristanco. Vedes factible darlle caza para loitar con eles polo título de liga? A.M.: O título hai que ser realistas e a día de hoxe véxoo moi complicado xa que non vexo ao Coristanco perdendo e pinchando tres veces cando non o fixo en toda a tempada, ademáis nós teriamos que gañalo todo. Creo que temos que centrarnos no segundo posto e se hai opcions de chegar ao primeiro, pois loitar. QPC: En que circunstancias chega a SD Castriz a este partido de vital importancia ante o Cabana? A.M.: Creo que agora mesmo chegamos no mellor momento da tempada. As fichaxes creo que nos deron un salto de calidade que nos faltaba e os que xa estabamos puxémonos un pouco as pilas despois dos baches de resultados que tivemos. Apenas encaixamos goles e encontrámonos no mellor momento goleador que foi o que nos faltou na primeira parte da tempada. QPC: No partido da primeira volta nas Redondas o resultado foi de 1-2 para o Castriz. Que cres que tedes que facer neste encontro para tratar de repetir fazaña e gañarlle ao Cabana? A.M.: Pois creo que temos que ser nós mesmos e facer o noso xogo. É certo que o Cabana ten xente nova con ganas de xogar ao futbol e que andan ben físicamente, pero xa che digo que se seguimos na liña das últimas semanas, confío no meu equipo para sacar un bo resultado. QPC: Un resultado? A.M.: Un 2-1 Darío Santiso, gardameta do Cabana SD Darío Santiso, gardameta do Cabana SD. Foto: David Castro. QPC: Como estás vivindo a tempada da túa volta ao equipo da túa terra? D.S.: Pois a verdade é que bastante mellor do que me esperaba, dado que cando marchei houbo algún compañeiro ao que non lle gustou esa decisión pero todo auga pasada e nestes momentos da tempada, xa nos volvemos levar coma senón pasase nada. QPC: Son 8, os puntos que vos separan do Coristanco, aínda que contades cun partido menos que os da Terra da Pataca. Vedes factible darlle caza para loitar con eles polo título de liga? D.S.: A verdade é que si, porque algún día van ter que pinchar algún partido. Saben moi ben ao que xogan e contan con bos xogadores como son Lagoa, Pazos ou Samuel, sen olvidarnos de Diego que é, sen dúbida, o mellor porteiro da categoría de lonxe. Quédanlle rivais difíciles e fóra do seu campo así que se podemos, iremos a pola liga tamén QPC: En que circunstancias chega o Cabana SD a este partido de vital importancia ante o Castriz? D.S.: Pois penso que chegamos moi ben, tanto moralmente como fisicamente e sumándolle que co paso da liga fomos facendo unha piña enorme. QPC: No partido da primeira volta nas Redondas o resultado foi de 1-2 para o Castriz. Que cres que tedes que facer neste encontro para gañarlle ao conxunto rossonero? D.S.: Debemos saír concentrados, posto que no encontro do 1-2 en Cabana faltábanos case todo o centro do campo e pecabamos de que sempre nos metían goles ao principio dos partidos por non saír concentrados pero pouco a pouco fomos correxindo ese aspecto. QPC: Un resultado? D.S.: 1-3. Vai ser un partido con ocasións para os dous equipos e o encontro decantarase polo equipo que sepa aproveitar mellor as súas ocasións.

Comentarios