Imprimir

O Castro das Barreiras vivirá unha nova escavación antes de fin de ano

que pasa na costa | 18 de setembro de 2019

Vista do Castro das Barreiras a comezos de ano
Vista do Castro das Barreiras a comezos de ano

Segue a ser unha realidade a aposta polo patrimonio do novo goberno do Concello de Vimianzo. E unha das bandeiras soneirás é o singular Castro das Barreiras, o expediente X dos castros galegos. Así, despois da limpeza realizada o pasado mes de xullo e da escavación realizada a comezos de ano, o Concello de Vimianzo será pioneiro en Galicia facendo unha segunda escavación nun só ano.

Así o confirma a alcaldesa Mónica Rodríguez e a concelleira de Cultura Rosa Blanco, que ten preparados 15.000€ para unha nova actuación da man do profesor Tito Concheiro, arqueólogo a fronte do proxecto arqueolóxico que pretende converter o Castro das Barreiras “nun equipamento cultural”. As previsións dos arqueólogos, explicou Concheiro, é a de deixar a metade do castro a descuberto e a outra metade tal e como está, para poder así “admirar como foi afectando ás construcións o paso do tempo”.

A peculiaridade da muralla

Muralla do Castro das Barreiras

Concheiro salienta o bo estado de conservación da muralla, construción de referencia dos asentamentos que, segundo Concheiro “imprime carácter” aos pobos que protexía. No caso de As Barreiras, existen xa algunhas prospeccións e os arqueólogos agardan nun futuro poder estudar o modelo construtivo e a evolución da muralla nunha parte onde se conservan muros de grande altura.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/castro-das-barreiras-vivira-nova-escavacion-antes-fin-ano/20190918111555113108.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia