Imprimir

Catro feridos nun accidente en Ponteceso

que pasa na costa | 06 de xullo de 2019

Foto @Helicosantiago
Foto @Helicosantiago

Catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia, unha delas en helicóptero medicalizado, ao colidir os coches nos que viaxaban na estrada que leva Malpica a Ponteceso.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 11:45 horas da mañá de hoxe, grazas a chamada dunha persoa particular. Os feridos encontrábanse liberados e accesibles, aínda que, debido á gravidade das lesións dun dos implicados, foi necesaria a súa evacuación a través da aeronave medicalizada. Os outros tres ocupantes foron trasladados en ambulancia ata o hospital.

Ademais do persoal sanitario, colaborou no operativo o GES de Ponteceso e a Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Bergantiños, a Policía Local e

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/catro-feridos-nun-accidente-ponteceso/20190706193154111293.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA