Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría

Catro feridos tras un forte accidente en Dumbría

Catro persoas resultaron feridas  nunha colisión entre dous coches en Dumbría. O accidente ocorreu na AC-552, a dous quilómetros de Dumbría, á altura da planta de formigón, ao fío das 18:00 horas deste venres 19 de xaneiro.

Nese momento, dende o 112 Galicia enviaban ao lugar ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee,  a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada. Foi necesaria a chegada dunha terceira ambulancia dende Mazaricos para trasladar aos feridos aos hospitais de referencia.

Fonte

  • Axega

Comentarios