Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría volve con catro medallas de Mondariz

Martín Fdez Romar do Piraguismo Dumbria en Mondariz
Martín Fdez Romar, do Piragüismo Dumbría en Mondariz
O CDM Piragüismo Dumbría volve con catro medallas de Mondariz

Non tardou o piragüismo galego en estrear o 2021 en competición. A Copa Galega de Slalom Olímpico celebrada en Mondariz abría o curso, trala acoller o pasado mes de setembro a clausura dunha temporada extremandamente singular.

Non fallou o CDM Piragüismo, a pesar da friaxe, a esta proba que contou cun finalista olimpico, o portugués José Carbalho, que non foi máis aló dun terceiro posto frente a dous seniors galegos de primeiro ano.

Xesus Pena do Piraguismo Dumbria en Mondariz
Xesús Pena en competición

O cadro costeiro conseguíu dúas medallas de ouro na categoría infantil por medio de Xesús Pena Cundíns e Sara Fernández Romar, que foi acompañada no podium pola súa compañeira de clube Aroa López Piñeiro.
Entre os cadetes, dous finalistas do CDM Piraguismo Dumbría, Martín Fernandez Romar, que foi terceiro despois dunha gran competición no K1 masculino e Brais Sánchez Cancela, o deportista do CDM Piragüismo Dumbría becado no CGT de Pontevedra que despois de complicarse nunha porta so poido ser cuarto, pero navegando ámbolosdous en tempos moi cercanos á cabeza sendo cadetes de primeiro ano.

Na categoría raiña hai que destacar o gran papel dos dous participantes costeiros. Fran Romar non foi quen de pasar o corte a pesar de facer unha moi boa manga dado o alto nivel da proba, pero Marcos Sánchez Cancela non só foi quen de colarse na final sendo o seu primeiro ano coma senior, se non que incluso alcanzou un moi meritório quinto posto contra deportistas que forman parte do equipo nacional, coma Manuel Ochoa, que foi medallista nos mundiales sub23 de
Cracovia.
A vindeira proba do CDM Piraguismo Dumbría está planexado que sexa a Taça Iberica de Slalom, proba que se disputa en Portugal e que puntúa para o ranking internacional da ICF.

Comentarios