Venres. 29.03.2024
El tiempo

RECORTES NO ENSINO

O CEIP As Forcadas de Corme podería quedar sen unha das súas tres unidades

CEIP As Forcadas de Corme
O CEIP As Forcadas de Corme podería quedar sen unha das súas tres unidades

Arredor da primeira quincena de xullo é cando Inspección Educativa da Xunta de Galicia soe tomar as decisións sobre as unidades dos centros escolares. A política de recortes no ensino parece que non vai cambiar ese verán a pesar da pandemia pasada e dos posibles rebrotes. Coñecíamos esta semana o recorte dunha ATE (ou Coidadora de atención a nen@s con NEAE) en Carnota. E hoxe imos ata Corme.

A Federación de ANPAS da Coruña e Costa da Morte infórmanos de que o CEIP As Forcadas podería sufrir un grave recorte de cara ao curso que vén. O centro pasará dos 57 alumn@s cos que contaba o pasado curso, a 52, o que provocaría, por catálogo, o recorte de 3 unidades a 2 unidades de Primaria.

Quedarían un grupo de 1º, 2º e 3º con 18 alumn@s e outro de 4º, 5º e 6º, con 17, perdendo así dous profes en Primaria, pero que podería ficar nun só.

Novas relacionadas

Comentarios