Imprimir

O CEIP As Forcadas xa é tamén un centro cardioprotexido

que pasa na costa | 14 de febreiro de 2020

O director do CEIP de Corme, Manuel Caridad, coas representantes da ANPA María del Mar Bello e Lorena Collazo
O director do CEIP de Corme, Manuel Caridad, coas representantes da ANPA María del Mar Bello e Lorena Collazo

Outra demostración de que é perfectamente factible conseguir un desfibrilador para un de ensino. Coñecimos esta semana o caso do CEIP Praia de Quenxe, e hoxe imos ata Corme, onde a comunidade escolar do CEIP As Forcadas conseguía protexer o centro ante posibles accidentes.

Foi de novo a ANPA, e a través do proxecto Proxecto Salvavidas, a que conseguiu vender durante as vacacións de Nadal as 800 pulseiras necesarias para conseguir o desfibrilador e o curso que se impartirá no CEIP para parte do profesorado, persoal non docente e para pais/nais.

As 800 pulseiras foron repartidas entre todas as familias do CEIP que colaboraron desinteresadamente vendendo en tempo récord tódalas pulseiras.

Queda agora a última para, a formación en materia de RCP para aprender a usar o dispositivo e saber reaccionar en caso de emerxencia cardiorespiratoria. O curso terá lugar no CEIP de Corme un curso impartido polo 061 e promovido polo Espazo Educar da FEP Fundación Pondal do Couto en colaboracion coa Anpa de Corme, onde os técnicos do 061 enseñaranlle os/as nenos/as, profesorado e familias medidas de primeiros auxilios.

Continua a comarca, gracias á implicación da sociedade civil, avanzando para conseguir un desfibrilador en cada espazo público.

 

Outras iniciativas semellantes

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/ceip-forcadas-xa-tamen-centro-cardioprotexido/20200214074449117427.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia