Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CEIP Praia de Quenxe terá en breve servizo de madrugadores

CEIP Praia de Quenxe de Corcubion
O CEIP Praia de Quenxe terá en breve servizo de madrugadores

O Concello de Corcubión porá en marcha para o vindeiro curso escolar, o Servizo Municipal de Madrugadores/as para os e as menores matriculados no CEIP Praia de Quenxe.

Este servizo que recolle a demanda presentada pola ANPA, facililtará a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias  no horario de 7:45 a 9:15 h, de luns a venres  nos días lectivos do curso escolar 2020/2021

O citado recurso, validado pola Xunta de Galicia,  forma parte do programa "Corcubión Concilia", no que ademais se recolle a medida de conciliación Tempo de Lecer para os meses non lectivos de xullo e agosto, que se leva desenvolvendo en Corcubión dende fai máis de 10 anos.

Tanto dende o Concello como dende a ANPA ou como dende o propio CEIP, facilitará máis información ás familias.

Comentarios